Ruta escolar polo val do Mandeo
Organizan: departamentos de educación física e lingua galega.
Destinatarios: 2º de ESO.
Datas: xoves 02 de xuño de 2011
Obxectivos xerais:
- Coñecer e valorar unha comarca protexida –Lugar de Interese Comuninatio (LIC) da Red Natura 2000.
- Descubrir as posibilidades do corpo humano para relacionarse e interactuar co entorno natural.
- Vivenciar unha relación ca natureza humanizadora e enriquecedora.
- Coñecer a relación da lingua coa terra: toponimia, sonoridade.
Obxectivos específicos:
- Coñecer diferentes técnicas de progresión no medio natural.
- Coñecer que é Red Natura 2000 e a súa importancia cara a conservación da biodiversidade en Europa mais en Galicia.
- Coñecer o impacto das diferentes actividades humanas no entorno.
- Coñecer as diferentes relacións das sociedades humanas ca paisaxe, no val do Mandeo.
Recomendacións:
Botas ou zapatos de montaña. Chubasqueiro. Algo de comida, mellor varios bocadillos pequenos que un grande. Auga (non levar latas nin bebidas gaseosas). Mochila. Calcetins de reposto.
A ruta comenzará na aldea de Esperela (Paderne), dende donde baixaremos ata o lugar coñecido O Tope. Continuaremos polo río ata o coto de Chelo, para dende ali ascender e finalizar ruta no lugar da Espenuca. Camiñaremos por sendas e pistas, por terreo abrupto, motivo polo cal insistimos na utilización de calzado axeitado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario