Salidas

Todas las salidas o excursiones que realiza el departamento
Dada a peculiaridade dos contidos de actividades na naturaza, faremos saídas de forma que se xunten nus días, todos os contados e obxetivos da unidade.
Programaremos nun principio 3 saidas:

Ruta  escolar polo val do Mandeo

Organizan: departamentos de educación física e lingua galega.
Destinatarios:   2º de ESO.

Obxectivos xerais:

Coñecer e valorar unha comarca protexida –Lugar de Interese Comuninatio (LIC) da Red Natura 2000.
Descubrir as posibilidades do corpo humano para relacionarse e interactuar co entorno natural.
Vivenciar unha relación ca natureza humanizadora e enriquecedora.
Coñecer a relación da lingua coa terra: toponimia, sonoridade.

Obxectivos específicos:

1)   Coñecer diferentes técnicas de progresión no medio natural.
2)   Coñecer que é Red Natura 2000 e a súa importancia cara a conservación da biodiversidade en Europa mais en Galicia.
3)   Coñecer o impacto das diferentes actividades humanas no entorno..
4)   Coñecer as diferentes relacións das sociedades humanas ca paisaxe, no val do      Mandeo.


Ruta  escolar polo cañón do Eume

Destinatarios:   3º de ESO.
Organizan: departamentos de educación física e de lingua galega.

Obxectivos xerais:

Coñecer e valorar unha comarca protexida  (Parque Natural).
Ver e valorar o impacto ambiental da forma de producir (e consumir) electricidade na nosa sociedade.
Descubrir as posibilidades do corpo humano para relacionarse e interactuar co entorno natural.
Descubrir e vivenciar a relación entre a paisaxe e a lingua: a toponimia.
Vivenciar unha relación ca natureza humanizadora e enriquecedora.



Ruta  escolar pola serra do Caurel

Organizan: departamentos de educación física e lingua galega.
Destinatarios:   1º de ESO.
Horario: de 9 a 20 h

Nesta ruta imos percorrer algúns tramos da serra do Caurel, á vez que imos profundar no coñecemento da obra de Uxio Novoneira. Vincular todos os compoñentes da paisaxe: vistas, sons, cheiros, pegada humana, coa poesía deste autor, brinda unha grande oportunidade de coñecemento e unha experiencia de gran valor formativo.
Para participar nesta actividade é imprescindible levar BOLÍGRAFO ou LAPICERO, para poder realizar as actividades que van completar a ruta. Ademais, hai que seguir as seguintes.

Obxectivos específicos:

5)   Coñecer diferentes técnicas de progresión no medio natural.
6)   Coñecer que é Un P.N. e a súa importancia cara a conservación da biodiversidade.
7)   Coñecer o impacto das diferentes actividades humanas no entorno, e moi    especialmente da producción eléctrica.
Coñecer e identificar a toponimia local e comarcal.

Experiencias con deportes minoritarios
Neste curso trataremos de dar a coñecer a Esgrima como deporte con experto tal como facemos todos os cursos.